
MERCE ARES, fotógrafa profesional desde 1991. Inicieime como fotorreporteira en La Voz de Galicia (delegación de Santiago de Compostela), labor que ainda desenrolo na zona da Comarca do Sar. Desde hai vinte anos adicada tamén á fotografia social e de estudo.
Desde moi xoven sempre me apaixonou o mundo da fotografía. Nel nada ten límites, e grazas as novas tecnoloxías cada día xurden máis novidades que fan que esta profesión sexa realmente unha arte.
Quixen reflexa-la miña forma de ve-las cousas a través das miñas fotos, e quixen dar a oportunidade a calquera persoa de desfrutar deste punto de vista profesional co obxetivo da cámara sempre a punto.
Se queres un traballo realizado con esmero, dedicación e unha gran profesionalidade, sen abandoar a calidade e o bo prezo, ponte en contacto conmigo, estarei encantada de traballar para tí.







